top of page
logo ol con web_edited.png

Ferrol reconoce el trabajo de su tejido social y cultural en su patrón

Foto del escritor: Onda Local Radio TvOnda Local Radio Tv


Los actos con motivo de la celebración de San Xiao tendrán lugar este martes con el tradicional acto institucional de entrega del galardón Ferrolán do Ano y de las insignias de oro.

A xornada comezará ás 10:00 horas coa sinatura das distincións no Libro de Ouro do Concello de Ferrol, no salón de recepcións do Pazo Municipal, que este ano recaen en Cruz Vermella Ferrol, como Ferrolán do Ano 2024, e as insignias de ouro no Colexio Médico da provincia da Coruña, no Colexio de Arquitectos de Galicia, na Hermandad Obrera de Acción Católica (HOAC) e no xornalista Germán Castro Tomé.

Ás 11:45 horas dará comezo o acto institucional no teatro Jofre, no que se entregarán as mencionadas distincións.

Cómpre destacar que ás 10:30 horas celebrarase unha eucaristía organizada pola Unidad Pastoral de Ferrol-Centro e que estará presidida polo bispo da diocese Ferrol-Mondoñedo, Fernando García Cadiñanos, na concatedral de San Xiao.

ARROZ CON LEITE

A cidade poñerá o broche á celebración das festas coa tradicional degustación de arroz con leite. O reparto dos doces farase nunha carpa instalada na praza da Constitución, a partir das 17:30 horas. Este ano prepararanse 2.600 racións de arroz con leite.

bottom of page